Tuesday 30 de April de 2024

Nova cita cos ‘Sábados de portas abertas do Goberno Local’


Novamente, e como cada último sábado de mes, foron moitos os veciños e veciñas que aproveitaron a posibilidade de reunirse, ao longo da mañá, co alcalde de Ordes e con otros membros do seu equipo de Goberno para resolver dúbidas ou tratar distintos temas. Os ‘Sábados de portas abertas do Goberno Local’ é unha iniciativa creada polo actual rexedor, José Luis Martínez Sanjurjo, para facilitar o contacto directo entre a administración local e aqueles veciños e veciñas que, por distintos motivos, non poden acudir durane os días laborables no horario estipulado. Cabe salientar que dita idea ten, dende o seu inicio, unha gran aceptación por parte da veciñanza ordense.